Wednesday 22 de May de 2024

O Concello completa o calendario de actividades de Entroido cunha gran festa infantil no pavillón


Celebrarase o martes 21, festivo local, e concluirá cun pasarrúas ata Os Subarreiros coa Queima do Entroido creado polo artista Carlos García

O Concello de Neda completará o calendario de actividades previsto para celebrar o Entroido cunha gran Festa Infantil e Queima do Entroido o martes 21 de febreiro, festivo local. Celebrarase no pavillón municipal a partir das cinco da tarde, con entrada libre e unha morea de actividades de lecer para os máis pequenos e pequenas da casa, nun espazo no que tamén haberá inchables.

Así mesmo, a partir das 19:30 horas, está previsto un pasarrúas dende o pavillón ata Os Subarreiros, rematando coa Queima do Entroido creado polo artista local Carlos García.

A festa infantil virá precedida do Festival de Comparsas do venres 17 de febreiro, e sumarase á Merenda-Baile de Entroido que organizará o Concello o venres 24 e ao Cocido de Entroido Interxeneracional o domingo 26.